Hoxe o Colectivo NÓS estamos de aniversario: 10 anos xa dende aquel 16 de setembro de 2013 no auditorio de Castrelos onde este proxecto botou andar. 10 anos máis vellos pero igual de firmes coma o primeiro día con Galiza sempre na nosa ialma e o Celta no noso corazón.

E na previa do Celta-Mallorca de hoxe sábado iniciamos os festexos para celebrar noso X Aniversario cun xantar de confraternidade no que participamos 25 socias/os e incluso a futura xuventude que tomará o testemuño do celtismo algún día.


Uns festexos que continuarán o vindeiro sábado 23 cunha romaría na parroquia viguesa de Comesaña completamente gratis para nosas socias/os, e logo máis tarde o sábado 14 de outubro cun festival do que anunciaremos en breve o cartel cos grupos que tocarán.