O pasado sábado 17 de febreiro coincidía a disputa en Balaídos do encontro entre Celta e Barça coa xornada de reflexión electoral previa aos comicios ao Parlamento Galego do domingo. No Colectivo NÓS abogamos públicamente en días anteriores polos partidos galeguistas e demos ánimo e forza polos moitos dos nosos compañeiros socias/os que participaban e traballaban na campaña electoral.

Na previa do partido organizamos unha xuntanza para xantar no Bar Cancillas de Coia onde máis de 20 socias/os do Colectivo deron boa conta dun churrasco para coller forzas de cara o partido e a previa. De seguido compartimos algunhas imaxes do ben que o pasamos.