O pasado xoves 12 de outubro pola mañá desputouse o XXIV Torneo de fútbol 7 de peñas celtistas nas instalacións de portivas da Madroa e Candeán onde participamos o Colectivo NÓS nun grupo no que tamén estaban a peña Siareiros.net & Canteira Celeste e a peña Mi Bendita Condena.


Unha tempada máis participamos cun equipo formado por 14 membros do colectivo: Rubén, Sergi, Nuno, Rober, Juantxonito, Fran, Nico, Berto, Izzan, Adrián, Riki, Celso e Rodri, este tamén exercendo coma delegado. Despois de xogar o partido contra Siareiros.net, finalizando cun empate a 2-2 que houbo que desempatar na tanda de penalties cun resultado final de 5-4, e que nos servíu para pasar coma 2º á fase final que se xogará o vindeiro 1 de maio.