Aínda temos moita resaca emocional do vivido e desfrutado durante o concerto do noso X Aniversario. Dende o Colectivo NÓS facemos un agradecemento grande para as bandas Arrhythmia, Keixa, Storrentos e a sorpresa dos Rebeliom do Inframundo, á xente da sala Masterclub e á xente da Cantina Candela onde fixemos a previa do concerto.

E tamén por suposto grazas aos amigos doutras peñas celtistas e colectivos que viñeron á festexar connosco como Carcamáns, Seareiros Dezaos, Merlegos Celestes e Peña Natxo Insa; e a tódolos celtistas e xente que non coñecemos pero que se achegaron para desfrutar da nosa festa. Grazas!