O Colectivo NÓS cumprimos o pasado 16 de setembro o noso X Aniversario de vida e actividade dentro da gran familia do celtismo, e celebrarémolo por todo o alto cunha festa e concerto o vindeiro sábado 14 de outubro na sala Masterclub de Vigo dende ás 22:00 horas.

Na nosa festa haberá concerto das bandas galegas Storrentos, Keixa e Arryhtmia.

O prezo das entradas é de 8 euros en venta anticipada, de 10 euros na billeteira. Entrada de balde para as socias/os do colectivo. Os puntos de venta anticipada son:

  • Cantina Candela, rúa Martín Códax 12, Vigo (18:30-03:00 hrs).
  • Cervexaría The Movie Balaídos, rúa Eugenio Kraff 33, Vigo (09:00-00:00 hrs).
  • Bar Princesa, Praza da Constitución 5, Vigo (11:00-01:30 hrs).