Na última asamblea xeral do Colectivo NÓS celebrada o pasado 2 de xuño acordouse manter a cota de socio para a vindeira tempada 2023-2024 en só 10 euros coma na tempada pasada.

O prazo para as renovacións coma socia/o será dende o presente 9 de xullo ata o vindeiro 27 de agosto. Tamén é o mesmo prazo para solicitar novas altas coma socia/o do colectivo mediante un correo dirixido a 1923nos@gmail.com