O pasado sábado 10 de decembro no Colectivo NÓS organizamos a nosa Cea de Nadal 2022 dende ás 22:00 horas no Mesón Churrasco O Rincón na rúa Méndez Núñez en Vigo. As dúas ducias de socios que nos xuntamos celebramos e brindamos polas festas e logo marchamos botar uns bailes polos bares de Churruca para desgraza de Caballero porque ignoramos o seu circo navideño. Igual para outro ano, Abel.