Aproveitando que Celso Gómez Corbal é propietario da premiada marca de sidra viguesa Hera (Hera Cider) xunto con Javier Acosta, e tamén o socio do Colectivo NÓS, organizamos o pasado sábado 10 de decembro unha visita á súa fábrica situada no barrio de Teis na rúa Xulián Estévez.


Durante a visita, na que participamos varias decenas de membros do colectivo, Celso e Javier nos explicaron como é o proceso de elaboración artesanal das súas sidras. Despois nos fixeron unha cata de 6 variedades de sidra feitas na Galiza, Asturies, Euskadi e Irlanda, e nos deixaron probar en primicia unha nova variedade que están elaborando e que en breve sairá ao mercado.

Para tódolos socios do Colectivo NÓS que participaron na visita e cata foi unha experiencia fantástica e moi divertida e dende o colectivo agradecemos a disposición e atención prestada por Celso e Javier nesta iniciativa que tamén era inédita para eles. Grazas.