O Celta xogará un partido de pre tempada contra o Sporting Clube de Braga o vindeiro venres 29 de xullo ás 21:00 hora galega no estadio municipal de Braga. Será un partido que o equipo luso aproveitará para presentarse ante a súa afección.

Dende o Colectivo NÓS organizamos unha viaxe en autobús para coñecer o singular estadio bracarense e animar ao Celta nesta pre tempada contra o equipo luso. O prezo da viaxe é de 5 euros para socios do colectivo e de 12 euros para os non socios. O prezo da viaxe non inclúe a entrada porque aínda non se publicou oficialmente cal será. Informaremos aos anotados na viaxe tan pronto o coñezamos.

A plan da viaxe é a seguinte:

Saída de Vigo ás 16:30 horas.
Chegada ao centro de Braga ás 18:00 horas.
Recollida no centro de Braga e traslado ao estadio ás 20:00 horas.
Partido 21:00-23:00 horas.
Regreso a Vigo ás 23:30 horas.

Si estás interesado en viaxar connosco, anótate no correo 1923NOS@gmail.com antes do 21 de xullo.