O pasado sábado 24 de setembro celebramos o IX Aniversario do Colectivo NÓS no Asador O Faneco situado no parque forestal de Beade en Vigo. Tiñamos organizado un gran plan con foliada, vermú, xantar, concerto sorpresa dun coñecido grupo vigués despois da sobremesa (sí, eran Os Podridos), pero… a RFEF contra programounos e fixou o horario do (non)derbi do Celta B contra o Coruña para a tarde dese sábado. E houbo que acortar os festexos e limitalo á un xantar.

Na celebración xuntámonos máis de 30 e pico socios e amigos do colectivo que dimos conta dos aperitivos, a grellada, o viño, a sobremesa… e baixamos logo ata Balaídos para alentar aos rapaces do filial e botar unhas risadas coa desgraza do eterno rival que non logrou pasar dun empate en Balaídos.