Por segundo ano o Colectivo NÓS facemos lotaría de Nadal vendendo participacións de 5 euros nas que xogamos o número 64.907 do sorteo a celebrar o próximo 22 de decembro de 2018. Cada participación ten incluído unha rifa de 1 euro a beneficio do colectivo para o sorteo dun xamón ao posuidor do número da participación que coincida coas catro últimas cifras do Gordo de Nadal.

A lotaría pódese mercar nos lugares de costume nas vindeiras previas de partidos que dispute o Celta no estadio de Balaídos, así como na Cervexería The Movie tamén en Balaídos. Para máis información contactade no noso correo 1923NOS@gmail.com