Dende o Colectivo NÓS organizamos viaxe a Eibar para acompañar ao Celta no partido do próximo sábado 26 de setembro ás 22:00 horas. Montamos autobús en viaxe de ida e volta no mesmo día con saída na madrugada do sábado dende Balaídos e con regreso cando remate o partido. Chegaremos á Eibar ao mediodía para xantar e facer previa de confraternización coas peñas eibartzales.

O prezo é de 32 euros para os socios/as do Colectivo NÓS e de 38 euros para os non socios/as. O prezo non inclúe a entrada xa que o prezo da mesma confirmarase máis adiante. O prazo para anotarse no bus remata o vindeiro domingo 13 de setembro pola noite e tódolos interesados deberán enviar un correo á conta 1923@gmail.com

viaxe Eibar