Despóis de varios intentos fallidos da actividade, pola imposibilidade de datas para reservar, o pasado domingo 29 de novembro organizouse unha visita ás Covas do Rei Cintolo en Argomoso (Mondoñedo) cun intenso frío, na que participaron un grupo de socios do Colectivo repartidos nun coche de Vigo e outro dende a Comarca do Barbanza saíndo de mañá cedo.

Argomoso, Mondoñedo, 29 de novembro do 2015

Argomoso, Mondoñedo, 29 de novembro 2015

Logo de máis de duas horas e media de viaxe en coche percorrendo o país de Sur a Norte chegamos ao redor das 10:45 da mañá. A hora acordada có guía, un rapaz moi agradable e atento chamado Abel, na oficina de turismo eran as 11:15 horas, polo que aínda tivemos tempo de mandarlle algo nun bar da vila mindoniense. A cousa repartíuse entre os que aínda estaban a espertar (cafés con leite) e os que xa viñan algo máis espabilados (cervexas). Despóis, unha vez chegada a hora, e logo de recibir os folletos de información e cubrir os formularios de rigor, dirixímonos cara Argomoso, aldea situada a 10 minutos do nucleo urbano de Mondoñedo, onde se atopan as Covas do Rei Cintolo. Alí, nunha caseta de campo, equipáronos có equipo necesario (casco, lanterna, mono e luvas) e comezamos a subida do monte cara a entrada das covas.

Preparados para entrar nas covas

Os NOSos xa preparados para entrar nas covas.

Hai máis de 6.000 metros de galerías, aínda que a nosa ruta foi moito máis curta, cuns 300 metros entre ida e volta por dúas das galerías principais; que ben chegou se temos en conta as cuadas que levaron algúns por mor do chan esvaradizo e a dificultade para atravesar algúns tramos, aínda que fomos avanzando grazas ás puntuáis explicacións do guía sinalando os apoios nas rochas.

Unha vez dentro foron moi diversas as formas xeolóxicas e arqueolóxicas que poidemos admirar: estalactitas, estalagmitas, columnas, coladas gours, bandeiras e incluso un pequeno lago. Tamén gran cantidade de morcegos aos que lle fomos enturbiar o seu sono. Estivemos dentro ao redor de 90 minutos e non se permitía tirar fotos, aínda que tampouco estaba a cousa como para levar a cámara na man, así que tivemos que deixar constancia gráfica só na entrada e na saída da visita.

08

A última foto na porta antes de entrar nas covas.

Rematada a visita na cova voltamos á caseta exterior onde deixamos o equipo, mudamos o calzado e a roupa enfangada, e voltamos ao centro de Mondoñedo para xantar , xa que o estómago comezaba a poñerse revoltoso. Nun dos locáis situados na praza do Concello demos conta da boa carne de Lugo, e coma non, tamén da cervexa e dos licores.

Ao remate do xantar fixemos unha mini ruta por Mondoñedo visitando as casas natáis e os monumentos dos grandes escritores galegos Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro. Tamén visitamos a catedral e a praza onde foi decapitado o 17 de Decembro de 1483 o Mariscal Pardo de Cela durante o reinado dos Reis Católicos, acontecemento este co que se finiquitaría o Reino da Galiza, xa que era o último nobre galego opositor dos reis. Houbo tamén unha parada na Ponte do Pasatempo sobre o río Valiñadares e onde conta a lenda que a muller de Pardo de Cela foi entretida para que non entregase a tempo o indulto que traía dos Reis Católicos para evitar que o seu marido fose asasinado.

14

Xa secos, limpos e co bandullo cheo. Marabilloso!

Aproveitamos a ocasión para mercar as famosas tartas da vila e visitar algun pazo próximo. Tamén antes de partir de regreso fixemos unha ultima parada no camposanto, onde visitamos as sepulturas de Álvaro Cunqueiro e dos veciños de Ribadeo e Viveiro asasinados en Mondoñedo nos meses de setembro e outubro do 1936, primeiras datas do alzamento militar do ditador fascista Franco.

Xa co frío no corpo porque o sol comezaba a poñerse, emprendemos a ruta de volta á casa coa satisfacción da boa xornada vivida e de poder coñecer ese gran tesouro escondido do noso país, agardando ter máis ocasións de ir coñecendo distintos rincóns da nosa xeografía, e que dende o Colectivo NÓS sígamos contándovolo.

Galiza sempre está na nosa ialma, e o Celta no noso corazón.