cartelO celtismo estamos fartos de sancións, multas e medidas represivas desproporcionadas e absurdas impostas pola LFP que dificultan e criminalizan a tódolos siareiros e impiden a animación ao Celta en Balaídos como facíamos ata agora.

Estamos cansas de padecer nas últimas semanas a censura inxustificada dos nosos elementos de animación e simboloxía celtista e galega, da prohibición e censura de cánticos, das multas desproporcionadas, dos nefastos horarios que impiden levar aos nosos fillos e nenos ao estadio, da mercantilización do fútbol e do ninguneo dos siareiros.

Por todo isto, numerosas peñas e colectivos do Celta decidimos dar un paso á fronte e denunciar as medidas que criminalizan á nosa afección e convocar unha manifestación para este vindeiro domingo 5 de abril ás 18:30 horas dende a Praza de América ata Balaídos xunto con outras iniciativas baixo o lemas de “Tebas Vaite xa!” en referencia ao presidente da Liga de Fútbol Profesional, Javier Tebas, artífice de toda esta situación.

A continuación publicamos o comunicado conxunto acordado polas peñas Celtarras, Colectivo NÓS, Comando Celta, Centolos Celestes, Preferencia Celeste, Irmandiños, Arribada Celeste, Merlegos Celestes, Peña Carcamáns e Siareiros Dezaos:

comunicado