O pasado venres 12 de outubro desputouse o Torneo de Peñas do Celta en modalidade de fútbol-7 organizado pola Federación de Peñas e onde o Colectivo NÓS participamos cun equipo.

Integrados no Grupo A do torneo os nosos rivais no campo de Candeán foron as peñas Irmandiños 1923, Boinas Celestes e Peña Zoqueiros de Porriño. O noso equipo estivo formado polos nosos socios: Víctor, Filipe, Rodrigo, Roberto, Kaki, Adrián, Jose Gonzalo, Estevo, Daniel, Miguel, Fran e Adrián.

Un bo grupo de socios e socias do Colectivo NÓS subiron ata A Madroa para alentar aos nosos durante os partidos aínda que os resultados non acompañaron:

  • Colectivo NÓS 0-2 Irmandiños
  • Colectivo NÓS 2-5 Zoqueiros
  • Colectivo NÓS 7-12 Boinas Celestes.

A pesar de que non logramos clasificarnos para a seguinte fase do torneo o bo ambiente e a diversión imperaron na xornada, que rematamos cun xantar concertado no Mesón Frontera de Chapela onde rematamos ben avanzada a tarde.