1Afinade ben as vosas gorxas e preparade o material celeste. Xa queda menos para que comece unha nova tempada cargada de ilusión e puro celtismo. Desde o Colectivo NÓS xa estamos preparados para dar alento aos nosos no vello Balaídos e tamén alén da cidade olívica. Regatearemos censuras, normas absurdas e horarios tolos para acompañar aos nosos e empurrar coa forza das nosas voces até a victoria. Defenderemos sen descanso ao noso equipo e a nosa identidade.

Si xa formas parte do Colectivo NÓS, lembra que podes renovar os días de partido ou mediante transferencia na nosa conta corrente. Pero si queres unirte a Nós e compartes o que somos, envía un correo a 1923NOS@gmail.com ou búscanos nas previas en Balaídos.

A unión fai a forza!

Galiza sempre está na nosa ialma, e o Celta nos nosos corazóns.

alta colectivo