O Colectivo NÓS cumprimos o próximo 16 de setembro o noso V Aniversario de vida e actividade dentro da grande familia do celtismo, e celebrarémolo por todo o alto cunha festa e concerto o vindeiro venres 30 de novembro na Sala Masterclub de Vigo. O horario está pendente da confirmación do partido do Celta nesa xornada, pero será arredor das 23:30 horas.

Na nosa festa haberá un concerto dos pontareáns SONDARÚA co seu hip hop combativo en galego e tamén dos nosos compañeiros celtistas KELTOI! co seu street punk e Oi! comprometido.

O prezo das entradas será de só 5 euros en venta anticipada, de 7 euros na billeteira o dia propio e de balde para os socios/as do colectivo. Os puntos de venta anticipada son:

Vinde con nós a celebrar estes 5 anos de actividade nunha festa rachada con moitos máis celtistas de toda Galiza que será lembrada por moito tempo 😉