O pasado sábado 5 de febreiro fixo case dous anos da última vez que puidemos disfrutar dunha xornada igual a coma as da era pre Covid: organizamos unha boa previa con vermute e churrascada para xantar, tivemos un bo horario para o partido, un xenial ambiente de animación nas bancadas do estadio de Balaídos, e finalizamos  a xornada cunha gran vitoria do Celta fronte o Rayo por 2-0. En definitiva, foi unha xornada redonda.