O pasado sábado 23 de outubro, dentro dos actos pola celebración do noso VIII Aniversario, organizamos unha andaina denominada ‘Roteiro dos Escapados’ percorrendo os montes das parroquias de Coruxo e San Miguel de Oia.

A andaina foi guiada e comentada polo escritor e veciño, Bernardo Vázquez Acuña, autor do libro ‘Memoria dunha parroquia republicana. San Miguel de Oia na década dos trinta‘ (2015, ISBN 9788489599598) e do blog con historia da parroquia http://memoriadeoia.blogspot.com.es

A continuación compartimos unha galería con imaxes da andaina, do percorrido feito e das paisaxes que desfrutamos subindo ao Miradoiro Carballoso, o Coto San Nomedio ou pasando pola Fonte do Sapo.