Un nutrido grupo con dúas decenas socios/as do Colectivo NÓS decidiron baixar para a Bancada Seareiros aproveitando o chamamento feito polo club e integrar o principal foco de animación do estadio de Balaídos xunto con moitas máis peñas e colectivos celtistas.

Neste espazo de animación xa estaban presentes dende a súa creación hai anos unha ducia de socios/as do colectivo, pero agora coa situación de obras e re ubicacións no estadio, e o chamado a unificar e reforzar o principal foco de animación; máis de dúas decenas de membros colaboraremos co resto de celtismo en levar en volantas ao Celta nos partidos que dispute na nosa casa.