Na última Asamblea Xeral do Colectivo NÓS celebrada o pasado venres 25 de xuño no auditorio de Castrelos aprobouse rebaixar a cota de socio/a para a vindeira tempada 2021-2022 a tan só 10 euros cun agasallo para as renovacións coma premio pola fidelidade nunha tempada tan difícil como a pasada.

O prazo para as renovacións é ata o vindeiro 31 de xull0. Tamén é o mesmo para solicitar novas altas coma socio/a mediante un correo a 1923nos@gmail.com