O pasado venres 30 de novembro antes da festa concerto polo V Aniversario organizado na sala Masterclub con Sondarúa e Keltoi!, tamén organizamos unha cea de confraternización para os nosos socios e socias nun local moi próximo na rúa Manuel Núñez.  Alí no Mesón Centro xuntámonos ás 21:00 horas case 40 persoas para cear e facer boa base e tamén previa da carallada que logo desfrutaríamos co concerto.

A continuación compartimos unha pequena escolma de imaxes da reunión que tamén servíu de xuntanza de Nadal coa que despedilo ano 2018. Moitas grazas a todos os que se animaron a compartir mesa e mantel.