O vindeiro sábado 16 de xuño a Illa da Arousa acollerá a celebración da IV Romaría Celtista organizada este ano pola histórica peña celtista Carcamáns, a peña máis numerosa da Federación de Peñas do Celta. A peña arousana recolle a testemuño de anteriores edicións organizadas polas peñas Merlegos Celestes (Santiago, 2015), Siareiros Dezaos (Lalín, 2016) e Cuadrilla Pepa Loba (Muros, 2017).

PROGRAMA

O programa de actividades inclúe unha exposición que fará un repaso polos 20 anos que celebra Carcamáns neste 2018. A romaría abrirase cun pregón ao cargo do actor galego, Carlos Blanco, celtista e socio de Carcamáns. Tamén haberá pasarrúas a cargo de Dorna, que amenizará xunto con Duendeneta o xantar na carpa que se situará na praza do Campo. Pola tarde haberá actividades e inchables para os nenos, rutas en kayak de balde para os romeiros/as, e dende as 20:30 horas comezarán os concertos a cargo de Malandrómeda, De Vacas, Keltoi, Noite Fechada e Igmig.

ENTRADAS

As entradas están á venda na sede de Carcamáns na Taberna dos Baláns, no bar The Movie en Balaídos (Vigo), no pub La Juakina (Vigo), na Cafetería Venus en Nigrán, no Fogar de Santiso en Lalín e na Cervexería Merlego en Santiago de Compostela, entre outros. O prezo é de 20 euros para adultos (inclúe xantar e concertos) e de 10 euros a entrada infantil ata doce anos, con acceso de balde á zona de xogos que se habilitará para os cativos. Máis información en: http://buff.ly/2GSxKud

AUTOBUSES GRATIS

Haberá autobuses de balde con saída dende Vigo e regreso pola noite ao remate dos concertos. Reserva tua praza nos autobuses coa compra da entrada.

ONDE DURMIR

Para aloxamento esa fin de semana andade lixeiros para reservar en hostais, pensións e hoteis porque hai poucas prazas, e indicade que é para a Romaría Celtista para que vos fagan un pequeno desconto. De calquera xeito tamén hai 3 campings dentro da Illa de Arousa aparte de vivendas en aluguer por fin de semana. Podedes pedir información para aloxamento directamente a peña organizadora Carcamáns por medio do seu Facebook.