O noso derbi desputado o sábado 5 de maio no vello estadio de Balaídos ás 18:30 horas dunha tarde solleira foi un festa total durante os 90 minutos a conta do eterno rival que xa chegaba descendido matemáticamente na Segunda División. Moitos agardaban ter a ocasión de rematalo rival cunha vitoria local, pero xa non fixo falla, e iso notouse un pouco sobre a herba onde ambos equipos parecían non xogarse moito. O resultado final 1-1 é o fiel reflexo da rosconada vivida.

Dende o Colectivo NÓS atendimos ás gañas de troula e organizamos un xantar na previa do encontro no que participaron 30 celtistas que deron boa conta dun churrasco e finalizaron a sobremesa cunha foliada camiño de Balaídos. A algún a resaca da festa duroulle bastantes horas e lembrará por moito tempo este derbi. Alomenos ata que o Celta e o Depor poidan atoparse de novo, dentro duns aniños mínimo.