Unha expedición do Colectivo NÓS desprazouse en varios coches ata Navarra o pasado domingo 18 de setembro para animar ao Celta no partido que disputaría no estadio do Sadar ás 12:00 horas contra o Osasuna. Fixeron noite en Iruña o sábado despóis de chegar á primeira hora da tarde e regresaron rematado o partido facendo parada en Miranda de Ebro para xantar.

Na bancada visitante do Sadar xuntámonose con moitos celtistas chegados dende Euskadi, Madrid e tamén Galiza que fixeron unha viaxe en coche similar para acompañar ao Celta neste partido en terras navarras.