Colectivo NÓS, xunto co resto de peñas e colectivos celtistas, distribuímos máis de 400 bandeiras de Nunca Máis e amosamos durante o partido Celta – Atlético de Madrid en Balaídos o pasado domingo 22 de outubro o noso orgullo por tódolos que con afouteza combatiron o lume na nosa terra durante a tráxica xornadas do 15 e 16 de outubro, e a nosa enérxica protesta por este problema e contra os causantes e responsables de que perdure no tempo e se repita cada verán. Lumes nunca máis!