Irmáns en pé! Xa comeza outra nova tempada cargada de ilusión e celtismo. Desde o Colectivo NÓS xa estamos preparados para dar alento aos nosos no estadio de Balaídos e tamén alén da nosa terra. Regatearemos censuras, normas absurdas e horarios tolos para acompañar aos nosos e empurrar coa forza das nosas voces até a victoria defendendo sen descanso nosas cores e identidade.

Si xa formas parte do Colectivo NÓS, lembra que podes renovar e pagar a cota de socio/a os días de partido ou mediante transferencia na nosa conta corrente. Pero si queres unirte a Nós e compartes o que somos, envía un correo a 1923NOS@gmail.com ou búscanos nas previas cando xoguemos en Balaídos.