Unha vez máis o Colectivo NÓS estivo presente no estadio de Mestalla acompañando ao Celta no partido que xogou contra o Valencia este pasado sábado 1 de febreiro. Varios socios e socias formaron parte dos máis de 300 celtistas que se desprazaron dende Galiza e outras partes da península para alentar aos nosos neste importante partido no medio dunha xeira de negativos resultados.

Por desgraza, a pesar da boa imaxe e xogo realizado polo equipo, o encontro saldouse cunha derrota pola mínima (1-0). De todos modos o celtismo deixou patente unha vez máis que os quilómetros e as distancias non son impedimento para estar sempre co Celta, tanto nas boas coma nas malas.