Dende o Colectivo NÓS secundamos a proposta recibida pola coordenadora Ceivar para participar nunha iniciativa de apoio e solidariedade cos galegos perseguidos na montaxe policial da Operación Jaro que tenta criminalizar ao galeguismo comprometido coa terra e que afrontan un xuizo neste ano 2020. Así foi como varios membros do colectivo se prestaron a tomar unhas fotos cun cartaz co lema “A nossa solidariedade é imparável” durante a previa do pasado encontro entre o Celta e o Eibar no estadio de Balaídos.