O vindeiro sábado 16 de novembro o Colectivo NÓS celebraremos o noso VI Aniversario cun serán no Restaurante As Cunchas (rúa Tomás Alonso 117 de Vigo) a partir das 19:00 horas e onde teremos unha barrilada de cervexa gratis para tódolos nosos soci@s acompañados de petiscos e máis un sorteo de 5 camisolas oficiais do Celta animado todo cunha foliada con gaiteiros convidados.

Para acudir a esta festa tódolos nosos soci@s gratis deberedes traer a vosa pulseira ou carnet do colectivo. Os non soci@s tamén poderán acudir á nosa festa mercando unha pulseira por 4 euros no vindeiro partido do Celta en Balaídos que lles dará igual dereito a barrilada e petiscos.