Un ano máis o Colectivo NÓS facemos lotaría de Nadal con participacións de 5 euros nas que xogamos o número 22.407 do sorteo a celebrar o próximo 22 de decembro de 2019. Cada participación inclúe unha rifa de 1 euro de doazón para o colectivo premiado cun xamón para o posuidor/a do número da participación que coincida coas tres últimas cifras do ‘Gordo de Nadal’.

A lotaría pódese mercar nos lugares de costume nas vindeiras previas de partidos que dispute o Celta no estadio de Balaídos, así como na Cervexería The Movie tamén en Balaídos. Para máis información contactade no noso correo 1923NOS@gmail.com