No Colectivo NÓS xa estamos preparados para alentar e desfrutar cos nosos no estadio de Balaídos e aló onde viaxen. Nesta nova tempada que comeza cargada de ilusión, a ben seguro que confrontaremos unha vez máis censuras, normas e horarios ridículos por acompañar ao noso Celta, e por sobre todo defender as nosas cores e identidade galeguista.

No Colectivo NÓS acordamos manter a cota de socio en 12 euros para a vindeira tempada 2019-2020. Se xa eres socio/a nosa lembra que podes renovar e pagar a cota nos días de partido ou naquelas datas que indiquemos polas nosas canles de comunicación interna. Si non eres socio/a pero queres unirte a Nós, envía un correo a 1923NOS@gmail.com ou búscanos nas previas cando xoguemos en Balaídos.