O pasado domingo 19 o celtismo tentou no campo de Barreiro levantar a moral e alentar ós rapaces do Celta B co mesmo fume celeste que levou en voandas ao primeiro equipo á salvación, mais non foi posible e cairon derrotados ante o Salamanca UDS. Aínda queda unha última oportunidade contra o Alcoyano no ‘paly-out’ e seguro que alí estaremos todos xuntos: equipo e afección.