Achégase o remate desta tempada e para celebralo o Colectivo NÓS organizamos o próximo sábado 25 de maio ás 22:00 horas unha nova Cea de Fin de Tempada na cervexaría-restaurante O Gregoriano situado na rúa San Gregorio 17 de Vigo.

O menú da cea, que é aberta á calquera amizade celtista, é o seguinte: empanada, croquetas, tortilla, churrasco completo con ensalada, sobremesa, café, chupito, bebidas, e cunha sorpresa ao final.

O prezo é de 15 euros para soci@s do colectivo e 18 euros para non soci@s. Para anotarse os interesados deben mandar un correo á esta conta ata o 21 de maio.