O pasado domingo 27 de xaneiro medio milleiro de celtistas viaxaron ata Valladolid para alentar ao Celta no partido que disputaría contra o equipo local ás 12:00 horas do mediodía no estadio José Zorrilla que tan boas lembranzas nos deixou naquela xa célebre ‘vitoria do 4%‘. O Colectivo NÓS xunto coa peña Preferencia Celeste co organizamos un autobús de ida e volta no mesmo día para levar a parte do celtismo que quería animar ao equipo.

Na noite previa varias peñas e colectivos celtistas organizaron unha Quedada Celeste no corazón do casco vello de Valladolid congregando máis dun centenar de afeccionados. No seguinte vídeo publicado na nosa canle de Youtube recollemos algúns dos momentos vividos nesa xuntanza.