Neste ano 2018 o Colectivo NÓS, co inicio da vindeira tempada e a chegada do outono, celebraremos o noso V Aniversario cunha festa concerto en Vigo. Para axudar a recadar os cartos necesarios para realizala lanzamos á venda unha rifa na que sortearemos unha fin de semana nunha casa rural. Cada boleta da rifa custa 1 euro e resultará gañador o posuidor do número da boleta que coincida coas 3 últimas cifras do sorteo da ONCE do lúns 1 de outubro de 2018.

Si queredes colaborar e mercar unha boleta da nosa rifa, contactade connosco polas nosas redes sociais ou no correo  1923NOS@gmail.com e combinaremos para facérvola chegar.