Varios socios do Colectivo NÓS visitaron Montilivi, o estadio do Girona, para acompañar e alentar a un Celta que non puido co muro local e ao que se lle notou o cansanzo e apatía no xogo sobre a herba. Coa derrota final por 1-0 perdimos a enésima oportunidade de achegarnos aos postos de clasificación para competición europea a vindeira tempada.