O pasado sábado 9 de decembro ás 20:45 horas o Celta desputaba a xornada de Liga contra o Valencia en Mestalla, nun encontro con resultado final de 2-1 a favor para o equipo local onde o colexiado Munuera Montero foi o protagonista con erros na arbitraxe que foron moi negativos para os celestes.

Ata a capital levantina desprazáronse media ducia de socios do Colectivo NÓS para animar ao Celta aproveitando os feriados de decembro e facer algo de turismo polo País Valenciá do que dan testemuño a pequena galería de imaxes que compartimos a continuación: