Uns poucos socios do Colectivo NÓS lograron mercar entrada para Riazor e non imos deixalos ‘tirados’ sen transporte para ese partido polo que decidimos organizar viaxe con saída de Vigo ás 12:00 horas con parada na vila de Padrón por 3-4 horas para xantar e facer previa.

O prezo é de 9€ para os socios do Colectivo NÓS e de 11€ para os non socios. O prezo non inclúe entrada e todos deberán ter a sua mercada. Tódolos interesados deberán anotarse enviando un correo a 1923NOS@gmail.com