Este pasado domingo 10 o Celta desputaba a terceira xornada de Liga en Balaídos contra o Deportivo Alavés no horario típico dos domingos, ás 18:30 horas, e por obra e gracia de Tebas de cada vez menos frecuente.

O Colectivo NÓS organizamos un xantar na previa para xuntármonos arredor dunha boa mesa aqueles socios que quixeran. O punto de encontro foi o Restaurante As Cunchas (rúa Tomás Alonso, 117) onde dimos conta dun churrasco e unha sobremesa ata case 2 horas antes do partido.

Logo xa en Balaídos, no lugar de reunión de costume no xardín diante da Cervexería Movie, moitos socios e socias aproveitaron para pagala cota desta tempada e presentar a novos menbros. Xa dentro do estadio a tarde finalizou cun entretido e traballado partido do Celta que colleitou a primeira vitoria desta tempada. A primeira de moitas.