O pasado domingo 19 de febreiro o Celta xogaba ás 18:30 horas no vello Balaídos contra o Osasuna. Unha vez máis xornada dominical para o partido en casa, con bo e soleado tempo. E no Colectivo NÓS nonquixemos desaproveitar a ocasión para organizar un xantar na previa do partido.

Celebrámolo no Mesón Novo Castillo na Avenida de Portanet onde xuntámonos dúas decenas de socios do Colectivo NÓS e do Baixo Miño Firm. A tarde fíxose moi longa e rematou dunha forma xenial cunha vitoria e goleada por 3-0 que convertíu Balaídos nunha festa.