Na última asamblea xeral do Colectivo NÓS celebrada o pasado 27 de maio acordouse manter a cota de socio para a vindeira tempada 2016-2017 en só 12 euros coma na tempada pasada.

Aproveitando a chegada de novo material oficial, proponse unha oferta para aqueles socios que queran renovar, ou tamén para aqueles novos socios que queran ingresar no Colectivo NÓS:

campanha2016-2017

O prazo para as renovacións e solicitar novas altas coma socio será dende o 20 de xuño ata o segundo partido de Liga que o R.C. Celta xogue no estadio municipal de Balaídos.