O pasado domingo 10 de abril ás 12:00 horas o Celta visitaba Xixón por terceira vez en 20 anos para xogar contra o Sporting nun partido rematado cunha vitoria que fixo vibrar a tódolos 800 celtistas desprazados dende toda Galiza e moitos puntos da península ibérica.

O Colectivo NÓS desprazamos a máis de 15 socios ata a cidade asturiana para animar ao Celta. Aínda que algúns viaxaron pola sua conta en coches, a maior parte da expedición o fixo nun bus compartido con outras peñas (Carcamáns, Le-Chuzas, Baixo Miño Firm, PC Jorge Otero e Ribeiro) para abaratar custes que partíu de Vigo ás 5:00 horas na madrugada do sábado ao domingo.

Esta expedición, despóis de máis de 5 horas de viaxe chegou aos aledaños do histórico estadio do Molinón, onde se xuntou co resto do celtismo desprazado facendo previa para o partido. O regreso á Vigo realizouse unha vez rematado o encontro cunha parada para xantar entre Xixón e Avilés e outra para descansar un anaco en Guitiriz.

Tamén aproveitamos a ocasión da viaxe para coñecer a nova peña celtista en Asturias dos amigos de Brenga Celeste cos que intercambiamos as bufandas oficiáis nos aledaños do estadio durante a previa.