O pasado sábado 24 de outubro organizamos a I Ruada Celeste durante a previa do Celta-Madrid que se disputaba no estadio de Balaídos ás 16:00 horas. Xa que non se podía facer un xantar a mesa posta coma de costume, ideamos unha ruta por varios locáis da Avenida de Fragoso camiño de Balaídos.

Na I Ruada Celeste acudiron os amigos das peñas Porcos Celtas (Vigo) e Merlegos Celestes (Compostela), e por momentos, xuntámonos case 70 celtistas facendo parada na Bodeguiña da Terra, Mesón O Viñadeiro, Cervexería Nova Galia e Cervexería The Movie. Case todos os asistentes ficaron moi satisfeitos e con gañas de repetir novamente.

Dende o Colectivo NÓS queremos dar as gracias a tódolos que acudiron e participaron nesta ruta, e aos locáis que colaboraron para facela posible. Seguro que repetiremos no futuro!