O sábado 12 de decembro xogaba o Celta en Balaídos contra o Espanyol ás 18:15 horas da tarde, nun partido que resultou moi sufrido por mor de xogar en inferioridade numérica a maior parte do segundo tempo, e tamén por unha dirección arbitral máis que cuestionable. O mellor foi o resultado final de vitoria por 1-0 que nos permite distanciarnos dos nosos riváis e afianzarnos no 4º posto da tánoa clasificatoria.

Aproveitando este horario tan ben acaído, organizamos un xantar na previa do partido no Mesón O Viñadeiro situado na rúa Fragoso, onde nos xuntamos unha ducia de membros do Colectivo NÓS, facendo logo un breve percorrido por outros locáis camiño de Balaídos ata a parada de costume no lugar de sempre nas inmediacións do estadio.

Sufrimos moito dentro do campo, pero pasámolo mellor na previa e disfrutamos finalmente co resultado da vitoria. Sempre Celta!