Este pasado sábado 1 de febreiro o Colectivo NÓS organizamos para os nosos soci@s e amizades unha visita guiada pola fábrica da Cervexa Nós, que incluía unha cata das diferentes variedades de cervexa que elaboran acompañada duns petiscos, e logo o seguemento do partido Valencia-Celta nunha pantalla xigante.
Finalmente xuntámonos máis de 30 persoas nas instalacións dos nosos amigos situadas no polígono de Seixiños en Beade, desfrutamos de petiscos e degustamos 6 variedades de cervexa; e ao remate do partido xa na medianoite, uns cantos soci@s baixaron ata a parroquia veciña de Bembrive onde se celebraba o San Brais, e onde tamén había máis soci@s arredor do concerto dos nosos tamén amigos de Keltoi! que tocaban no furancho ‘Endulza’.
Dende o Colectivo NÓS agradecemos a colaboración, explicacións e atencións que nos brindaron os amigos da Cervexa Nós, e expecialmente aos irmáns Raúl e Ubaldo que o sábado estiveron connosco.