Colectivo Nós no XXVI torneo de fútbol 7 de Peñas Celtistas

O Colectivo participou, o pasado 19 de marzo, nunha nova edición do XXVI Torneo de Fútbol 7 da Federación de Peñas do RC Celta e, aínda que o balón non foi o noso mellor aliado, a experiencia foi de dez.

Resultados (por se alguén leva a conta):

  • Colectivo Nós 1 – 4 Ardan Celeste

  • Natxo Insa 4 – 2 Colectivo Nós

  • Terra Celeste 4 – 3 Colectivo Nós

Pechamos a participación sen vitorias no taboleiro, pero cun pleno de risas e irmandade celtista. O fútbol foi a escusa; o auténtico premio foi compartir a xornada co resto das peñas nun ambiente inmellorable.

¡Gañamos en convivencia, perdemos en cardio! Orgullosos do Colectivo Nós.