O sábado 17 de febreiro os amigos celtistas da peña Siareiros Dezaos organizaron un ano máis en Lalín o Cocido Celeste, que no presente ano 2018 celebrou a sua cuarta edición, e no que nos xuntamos medio centenar de celtistas chegados de diferentes lugares de Galiza.
O punto de encontro foi o bar Fogar de Asorey, sede de Siareiros Dezaos, arredor do mediodía para tomalo vermoute e recibir a tódolos celtistas chegados dende Vigo, Compostela, Muros, Cervo, etc. Aproveitamos o momento para dende o Colectivo NÓS intercambiar a bufanda oficial cos anfitrións para que poñan na sua sede. Media ducia de membros do noso colectivo participaron no cocido celeste este ano.
Máis tarde desprazámonos todos ata a aldea de Codeseda para visitar o interesantísimo museo etnográfico da Casa do Patrón que no seu comedor nos acollería para degustar un completo cocido en fraternidade celtista ata mediada a tarde para despóis da sobremesa continuar novamente no Fogar de Asorey onde departimos un bo anaco entre todos acompañados dunha boa queimada coa que nos agasallaron os Dezaos.