Onte venres 20 de marzo o equipo de fútbol do Colectivo NÓS participou no XVIII Torneo de Fútbol 11 de Peñas do Celta, organizado pola Federación de Peñas do Celta, encadrado no Grupo E contra os equipos das peñas Hugo Mallo, Centolos Celestes e Peña A Ría que se disputaría no campo de fútbol de Chapela.
O noso equipo chegou ao torneo con moitísimas baixas por lesións e outros impedimentos que nos fixeron xogar con só 10 xogadores no primeiro partido ás 10:15 horas contra a Peña A Ría. A nosa primeira alineación estivo composta por: Gabriel, Sergio, Dani, Hugo, Kaki, David, Rubén, Hadrián, Sime e Marco.
Froito de que nunca xogaramos xuntos, saímos na primeira parte con problemas para distribuirnos ben no campo, que o rival soubo aproveitar moi ben para marcar e coller avantaxe cun 3-0. Na segunda parte xa xogamos mellor e conseguimos reducir á diferencia no marcador con dous goles deixando o resultado final en 4-2.
O seguinte partido sería contra a Peña Hugo Mallo ás 11:00 horas sen apenas tempo para descansar e novamente con só 10 xogadores. O equipo da peña de Marín tiña xogadores moi rápidos que aproveitaron ben a nosa inferioridade numérica e axiña deitaron o marcador ao seu favor cun parcial de 6-0. Na segunda parte recibimos a incorporación doutro xogador, Miguel Vélez na portería, que permitíu que Gabriel ocupase unha posición no campo e disputaramos o partido con 11 xogadores logrando o tanto da honra e amosando un xogo máis serio e concentrado no que o rival só puido facernos un tanto, resultando o marcador final cun 7-1.
Para o terceiro e último partido contra Centolos Celestes que xogamos ás 13:00 horas, xa tiñamos afección na grada alentándonos, e incluso outra incorporación dun xogador, Esteban Comis, que acababa de sair do traballo. Desta forma xogamos con 11 xogadores e un só cambio un partido moi disputado e bronco por momentos no que o rival anotou o primeiro gol e nós respondimos igualando en pouco máis dun minuto.
Cos corpos cansos despoís de toda a mañá, pero coa posibilidade real de acadar a primeira vitoria, logramos o segundo gol que nos poría por diante do marcador boa parte do partido. Nun lance do xogo, un dos nosos foi amonestado e expulsado do campo, e voltamos a xogar novamente con só 10 xogadores, inferiodade que o rival aproveitou para presionar máis e reducir distancias empatando 2-2. A pouco máis de 5 minutos para o final, unha man propia na nosa área ofrecía a posibilidade ó noso rival de adiantarse no marcador cun penalty, oportunidade que non desaproveitou e que fixou o marcador definitivo por 3-2.
A pesar das 3 derrotas colleitadas, no noso equipo quedou a sensación de que no futuro sen baixas poderemos ofrecer un máis xogo e lograr un mellor papel nun torneo do que ficamos finalmente fora na primeira edición na que participamos. E para celebrar á nosa primeira participación como equipo neste torneo marchamos case todos á un asador no barrio de Candeán para xantar e recuperar forzas.
Dende o Colectivo NÓS queremos destacar a colaboración da empresa que nos patrocinou ás equipaxes, Cervexa Artesanal Nós, e que facilitou a compra do material propio para que puideramos competir neste torneo e noutros próximos.