O Colectivo NÓS participamos outra tempada máis no torneo de fútbol que organiza cada ano a Federación de Peñas do Celta. Nosa xeira comezou o pasado mércores 12 de outubro cando desputamos a fase de clasificación nas instalacións de A Madroa encadrados no Grupo E contra as peñas Iago Aspas e Lío en Río.
Nesta fase a equipa do Colectivo NÓS estivo formada por Adrián Clemente, Rodri, Miguel Bastos, Dani Molares, Filipe, Hadrián, Estevo, Sime, Fito, Sergi, Miguel Gil, Miguel Vélez, Dani Gómez, Miguel Alonso, Lola, Mario, Fran, Xan e Carri. Os partidos resolvéronse cunha vitoria sobre a Peña Iago Aspas e unha derrota ante a Peña Lío en Río. Os 3 puntos colleitados permitíunos participar na Fase de Repesca.
Xa na mañá do martes 1 de novembro desputamos a Fase de Repesca xogando no campo de Relfas en Sárdoma encadrados no Grupo B contra a Peña Celtista de Salceda, Peña Natxo Insa e Preferencia Celeste. O resultado desta fase foron unha vitoria e dous empates que nos permitíu clasificarnos como segundo de grupo para a Fase Final o 17 de maio de 2017.
Nesta fase tivemos varias baixas polo desprazamento ata Amsterdam e durante os partidos producíronse algunhas lesións. A equipa do Colectivo NÓS estivo formada nesta ocasión por Adrián Clemente, Mario, Miguel Bastos, Dani Molares, Filipe, Hadrián, Óscar, Estevo, Fito, Miguel Gil, Dani Gómez, Manuel Castro, Miguel Alonso, Lola, e Carri.
Moitos parabéns a todos os que participaron e vémonos todos o vindeiro 17 de maio na fase final cando tentaremos dar a sorpresa. Teremos fortuna?